En cumprimento das obrigas que, neste sentido, se impoñen ao vendedor pola Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e comercio electrónico e pola Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, ponse en coñecemento dos CLIENTES a seguinte información:
DENOMINACIÓN SOCIAL: M3J MERIDIAN FONT, S.L.
CIF: B70564166
DOMICILIO: RÚA HEDRAS 6, 0C, 15895 - AMES (A CORUÑA)
CORREO ELECTRÓNICO: contacto@vinozia.com
TELÉFONO: 981 53 58 31
DATOS INSCRICIÓN REXISTRO: T 82, F 41, S 8, H SC 44811, I/A 1 (17.02.10) REXISTRO MERCANTIL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O usuario, en virtude da presente, queda plenamente informado aos efectos descritos na citada Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, podendo contactar con M3J MERIDIAN FONT, S.L. de forma gratuíta, rápida e directa a través de calquera dos medios arriba indicados.
As presentes Condicións regularán expresamente as relacións xurdidas entre M3J MERIDIAN FONT, S.L. e os Usuarios que contraten ou accedan aos servizos ou produtos comercializados por M3J MERIDIAN a través do seu portal.
As ditas Condicións foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, a Lei 7/1998 sobre condicións Xerais de Contratación, e o Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios e outras leis complementarias e a demais normativa aplicable en materia de comercio electrónico.
M3J MERIDIAN FONT, S.L., resérvase o dereito a modificar, total ou parcialmente, estas condicións xerais, sendo de aplicación as novas que acorde desde o momento da súa publicación na páxina. En calquera caso, as citadas modificacións non terán efectos retroactivos sobre os bens ou servizos xa previamente contratados polos CLIENTES.

1. DEFINICIÓNS CLIENTE:
Considérase CLIENTE a todo aquel internauta que rexistre voluntariamente os seus datos na tenda virtual www.vinozia.com coa finalidade de contratar algún dos produtos de M3J MERIDIAN FONT, S.L.
CONSUMIDOR: De acordo co artigo 3 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias
“Son consumidores ou usuarios as persoas físicas que actúen cun propósito alleo á súa actividade comercial, empresarial, oficio ou profesión.
Son tamén consumidores a efectos desta norma as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que actúen sen ánimo de lucro nun ámbito alleo a unha actividade comercial ou empresarial” Polo tanto, NON todos os clientes serán consumidores e NON a todos afectarán as disposicións que a eles se refiren das presentes condicións.
NON CONSUMIDORES: Clientes, persoas físicas ou xurídicas, que actúan no seu ámbito de actividade comercial e empresarial con ánimo de lucro. CONDICIÓNS
XERAIS DE CONTRATACIÓN: Son as normas que se relatan neste documento, fixadas unilateralmente por M3J MERIDIAN, titular da web www.vinozia.com.

2. LINGUAS
O contido da páxina web estará dispoñible en inglés, en español, en galego e en francés, de modo que a contratación dos produtos se pode formalizar indistintamente en calquera dos idiomas.

3. COMO REALIZAR UNHA COMPRA/PEDIDO
Para realizar unha compra, accederemos á tenda en liña onde poderemos visualizar os distintos produtos de M3J MERIDIAN FONT, S.L., as súas características e o seu prezo.
Se desexamos comprar algún destes produtos engadirémolo ao “carro” clicando sobre a pestana disposta a estes efectos. Darásenos entón a opción de “finalizar a compra” ou “seguir comprando”.
Engadidos ao carro todos os produtos que queremos comprar accedemos ao mesmo desde a opción “finalizar compra” disposta na esquina superior dereita.
Unha vez alí poderemos visualizar todos os produtos que seleccionamos. Se desexamos suprimir algún destes produtos da lista da compra poderemos facelo en calquera momento. Pola contra, se non desexamos eliminar ningún deles e pretendemos continuar coa compra premeremos en seguinte.
Acto seguido, se xa nos rexistramos na páxina, introduciremos o noso correo e contrasinal para continuar coa compra; se non o fixeramos rexistrarémonos. Para iso solicitaránsenos unha serie de datos persoais que se tratarán de acordo coa Política de Privacidade do sitio.
Completada esta tarefa enviarásenos un código de verificación de conta ao mail que achegamos. Introducimos o dito código e continuamos coa compra.
Rexistrados debidamente, debemos consignar un enderezo a efectos de entrega e de facturación. No caso de que os ditos enderezos sexan diferentes, poderemos indicalo.
Achegados os ditos enderezos prememos en seguinte e procedemos á selección da forma de pago e de envío.
Por último deberemos confirmar o pedido. Nesta fase do proceso de compra atoparémonos o prezo de cada produto desagregado en gastos de envío, impostos e a base impoñible do mesmo. Así como o prezo total resultante da suma de todos estes sumandos que configuran o prezo final do produto/os.
Se estamos conformes co prezo e as condicións e termos establecidos premeremos en “confirmar” e procederemos a realizar o pago a través dunha plataforma segura.
Realizado o pedido recibiremos confirmación do mesmo.
Durante o proceso de compra, antes de realizar o pago, o cliente poderá modificar os datos do seu pedido.
Así mesmo, poderá cancelar calquera solicitude de pedido antes de confirmalo definitivamente. Se o pedido xa se confirmase estarase ao disposto no apartado “Desistencia”.

4. PRODUTOS E PREZOS
Independentemente da clase de produtos que desexe, M3J MERIDIAN FONT, S.L., pon á disposición do CLIENTE información sobre o mesmo en canto a características técnicas, descrición e, se é o caso, fotografías orientativas.
Se necesitase máis información ao respecto ou lle xorde algunha dúbida pode poñerse en contacto con M3J MERIDIAN FONT, S.L., a través do seguinte enderezo mail contacto@vinozia.com ou chamando ao número de teléfono 981 53 58 31.
PREZO: O prezo dos produtos de M3J MERIDIAN FONT, S.L., estará dispoñible en todo momento para o CLIENTE da web e figurará expresado en euros.
En calquera caso, o CLIENTE, con carácter previo á formalización do contrato terá acceso á información sobre os prezos dos produtos indicando de maneira clara e exacta se inclúe ou non os impostos aplicables e, se é o caso, os gastos de envío.
O prezo do produto poderá ser modificado de forma unilateral e en calquera momento por parte de M3J MERIDIAN FONT, S.L., procedéndose a publicar a actualización do mesmo na sección de produtos e servizos do portal.
Os prezos vixentes para cada proceso de compra serán os que figuren nese momento publicados na sección relativa ao mesmo.

5. PAGO, ENTREGA E FACTURAPAGO
Con anterioridade á confirmación do pedido solicitaranse ao cliente determinados datos a fin de establecer os detalles de facturación e os de envío do produto que se tratarán de conformidade co disposto na Política de privacidade.
O pedido confirmarase mediante a realización do pago que se fará efectivo mediante calquera dos MEDIOS DE PAGO admitidos:
Transferencia Bancaria: ao número de conta indicado ao usuario durante o proceso de compra.
Tarxeta de crédito/débito e Bizum: mediante TPV virtual de Banco Santander facilitado durante o proceso de compra.
Antes da dita confirmación o cliente poderá abandonar a compra en calquera momento.
Unha vez confirmado o pedido estarase ao disposto no apartado “desistencia”. Unha vez realizado o pago por calquera dos medios admitidos, o CLIENTE recibirá unha mensaxe de correo electrónico coa confirmación do pedido nas 24h seguintes á recepción da aceptación.
ENTREGA
A entrega do produto realizarase segundo o indicado no momento da realización do pedido.
A EMPRESA resérvase o dereito de elixir a forma de transporte máis idónea para a entrega do pedido.
A EMPRESA envía os pedidos aos seus clientes a través de diferentes empresas de transporte urxente de recoñecido prestixio nacional e internacional. Os prazos de transporte orientativos están dispoñibles no apartado de Pagos e Envíos. Antes de confirmar o seu pedido informarase o cliente sobre os gastos de envío e prazos de transporte, ambos orientativos, que aplican ao seu pedido en concreto. Non obstante, ambos poderán variar en función das circunstancias concretas de cada pedido. En especial:
Os prazos de transporte pódense ver alterados por incidencias extraordinarias no transportista e por dificultades na entrega da mercadoría.
Os gastos de envío que aparecen na web calcúlanse de maneira estatística.
FACTURA
A factura enviarase ao enderezo que a tal efecto designe o cliente salvo que, expresamente indique a súa vontade de recibir a mesma por correo electrónico.

6. DEREITO DE DESISTENCIA: Se contrata como CONSUMIDOR terá dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación. O prazo de desistencia expirará aos 14 días naturais do día en que o Usuario ou un terceiro indicado por el, distinto do transportista, adquira a posesión material dos bens. Para exercer o dereito de desistencia, deberá notificalo a M3J MERIDIAN FONT, S.L., ao enderezo RÚA HEDRAS 6, 0C, 15895 - AMES (A CORUÑA) ao teléfono 981 53 58 31 ou escribíndonos ao correo electrónico contacto@vinozia.com a decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal ou electrónico). O CONSUMIDOR poderá utilizar a tal fin o modelo de formulario de desistencia que figura a continuación, aínda que o seu uso non é obrigatorio: Á atención de M3J MERIDIAN FONT, S.L., con domicilio en RÚA HEDRAS 6, 0C, 15895 - AMES (A CORUÑA), España e correo electrónico contacto@vinozia.com: Pola presente comunícolle que desisto do meu contrato de venda do seguinte ben (nº de pedido):
Pedido o / recibido o (*)
Nome do consumidor:
Domicilio do consumidor:
Sinatura do consumidor (só se o presente formulario se presenta en papel)
Data:

Para cumprir co prazo de desistencia, abonda con que a comunicación relativa ao exercicio deste dereito por parte do CONSUMIDOR sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.En caso de desistencia por parte do CONSUMIDOR, devolverémoslle todos os pagos recibidos, incluídos os gastos de entrega (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección pola súa parte dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrezamos) sen ningunha demora indebida e, en todo caso, a máis tardar 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da súa decisión de desistir. Non obstante o anterior, poderemos reter o reemborso ata recibir os bens, ou ata que nos presentases unha proba de devolución dos mesmos. A devolución do importe realizarase da mesma forma na que se realizou o pago. Os custos directos de devolución dos bens serán a cargo do CONSUMIDOR que elixirá a forma de envío que estime oportuna, asegurándose sempre de que a peza chega tal e como se entregou.
EXCEPCIÓNS: O dereito de desistencia non será aplicable aos contratos que se refiran a:

7. NULIDADE PARCIALSe algunha das presentes Condicións ou algunha disposición dun contrato fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme ditada por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados pola dita declaración de nulidade.

8. LEI APLICABLE E FORO: As presentes condicións xerais e todos os conflitos derivados en relación coas presentes condicións xerais, incluíndo a validez das mesmas, ou co uso do Sitio web ou con calquera compra no Sitio web estarán rexidos polas leis españolas.
CONSUMIDOR Se vostede está contratando como consumidor, para as controversias e cuestións que se susciten en relación ao contrato serán competentes os Xulgados e Tribunais do seu lugar de domicilio.
NON CONSUMIDOR As partes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade de SANTIAGO DE COMPOSTELA para a resolución de cantas cuestións e controversias poidan xurdir en relación co presente contrato.

9. COMENTARIOS, SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS Poderá trasladarnos calquera comentario, suxestión, consulta e reclamación que estime oportuna a través do seguinte enderezo de correo electrónico: contacto@vinozia.com. Unha vez formalizada facilitarase ao CLIENTE unha clave identificativa e un xustificante escrito da mesma ao correo electrónico e tramitarase á maior brevidade posible.

10. RESPONSABILIDADES O CLIENTE será o único e exclusivo responsable da veracidade, adecuación e exactitude de todos os datos e manifestacións que inclúa nos formularios que envíe a M3J MERIDIAN FONT, S.L., co fin de tramitar a súa alta como cliente ou calquera outra comunicación que emita con calquera finalidade sendo esta dirixida a M3J MERIDIAN FONT, S.L. De modo que, o CLIENTE será o único responsable de calquera omisión, inexactitude ou erro cometido á hora de cubrir os datos requiridos para a prestación dos servizos ofertados por M3J MERIDIAN FONT, S.L. M3J MERIDIAN FONT, S.L. non será responsable por danos e prexuízos que se puidesen derivar de: a privacidade e a seguridade da páxina web en canto á súa utilización por parte do CLIENTE, e/ou o acceso non consentido de terceiros non autorizados; a interrupción de funcionamento ou falta de dispoñibilidade da súa páxina web; calquera outra perda ou dano indirecto ou de calquera consecuencia que non fose razoablemente previsible por ambas partes no momento en que o CLIENTE solicitou os servizos de M3J MERIDIAN FONT, S.L., a demora na prestación dos servizos ofertados en tanto en canto a dita demora ou falta de cumprimento se deba a circunstancias alleas ao control de M3J MERIDIAN FONT, S.L.