Envíos e devolucións
Envío de paquetes
Por norma xeral, os paquetes envíanse nun prazo de 48 horas desde a recepción do pagamento a través de UPS; inclúen un número de seguimento e a entrega realízase sen necesidade de sinatura. Se prefires un envío con seguimento a través de "UPS Extra", aplicarase un custo adicional; ponte en contacto connosco antes de elixir esta opción. Independentemente do método de envío elixido, facilitarémosche unha ligazón para que poidas facer o seguimento do teu pedido en liña.
Os gastos de envío inclúen os custos de manipulación e embalaxe, así como as taxas de transporte. Os custos de manipulación son fixos, mentres que os custos de transporte poden variar segundo o peso total do paquete. Recomendamos agrupar todos os artigos nun único pedido. Non é posible combinar pedidos diferentes, polo que se aplicarán gastos de envío a cada un deles por separado. Aínda que non nos facemos responsables dos danos que poida sufrir o paquete unha vez expedido, tomamos todas as precaucións necesarias para protexer os artigos fráxiles.
As caixas utilizadas son de gran tamaño, o que garante que os teus artigos estean ben protexidos.